Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 2:1 - Biblia SEPT

1 Saíu daquela un decreto do emperador Augusto, ordenando o empadroamento de todo o mundo.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 2:1
13 Iomraidhean Croise  

Dinos, logo, que che parece: está permitido pagarlle o tributo ó Cesar ou non?


Proclamarase esta Boa Nova do Reino en todas partes para dar testemuño a todos os pobos. Entón será a fin.


Asegúrovos que onde queira que se anuncie a Boa Nova, polo mundo enteiro, falarase, para honra dela, do que acaba de facer.


E díxolles: Ide polo mundo enteiro, anunciando a Boa Nova a toda a creación.


E todos, en cadansúa cidade, fóronse empadroar.


para empadroarse con María, a súa muller, que estaba embarazada.


No ano quince do reinado do emperador Tiberio César, sendo Poncio Pilato gobernador de Xudea e Herodes tetrarca de Galilea; sendo Filipo, o seu irmán, tetrarca de Iturea e mais da Traconítide, e Lisanias, tetrarca de Abilene:


Un deles, chamado Agabo, ergueuse e, movido polo Espírito, anunciou que ía haber unha gran fame por toda a terra (foi a que houbo no tempo de Claudio).


Se son culpable e cometín algunha cousa que mereza a morte, non me nego a morrer; pero, se non hai fundamento en ningunha das cousas de que eles me acusan, ninguén ten o dereito de me entregar a eles. Apelo ó César!


pero Paulo apelou, pedindo que o seu caso fose reservado ó xuízo do emperador e mandei que o gardasen ata mandarllo ó César.


Primeiro de todo, doulle grazas ó meu Deus por medio de Xesús Cristo, a causa de todos vós, porque a vosa fe ten sona no mundo enteiro.


Mándanvos un saúdo todos os consagrados e, en especial, os que están ó servizo do César.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan