7 Pero vendo aquilo, a xente empezou a murmurar: Entrou a se hospedar na casa dun pecador.
O recibilo, murmuraban contra o propietario:
E díxolles: Ide vós tamén á miña viña, e dareivos o xusto.
Cando tal viron os fariseos, dixéronlle ós discípulos del: Como é que o voso Mestre está a comer con recadadores e pecadores?
Por iso os fariseos e letrados murmuraban: Este acolle os pecadores e come con eles.
El, baixando de contado, acolleuno moi contento.
Zaqueo, posto de pé, díxolle ó Señor: Señor, darei a metade de todo canto teño ós pobres e, se algo roubei a alguén, devolvereille catro veces máis.
E os fariseos e os seus letrados refungaban, dicíndolles ós discípulos: Por que comedes e bebedes cos recadadores e pecadores?
E aparece o Fillo do Home, que come e bebe, e dicides: "Mira que larpeiro, que bebedor e que amigo de recadadores e pecadores".
Vendo aquilo, o fariseo que o convidara dixo para si: Se este fose un profeta, coñecería quen é, e que caste de muller é a que o está a tocar, unha pecadora.