5 O pasar Xesús por aquel lugar, levantou a vista e díxolle: Zaqueo, baixa de contado, que hoxe teño que parar na túa casa.
Canto estea na túa man facer, faino! Porque non hai actividade, nin cálculo, nin coñecer, nin Sabedoría no Xeol, para onde camiñas.
Pero pasei eu onda ti, e olleite no teu propio sangue, e a ti, que estabas no teu propio sangue, repetinche: "Vive
Porque o Fillo do Home vén buscar e salvar o que estaba perdido.
Había alí un home chamado Zaqueo, xefe dos recadadores e moi rico.
Entón botou a correr e subiu a unha figueira para velo, porque ía pasar por alí.
El, baixando de contado, acolleuno moi contento.
Preguntoulle Natanael: E de que me coñeces? Contestoulle Xesús: Antes de que Filipe chamase por ti, xa eu te vira, cando estabas debaixo da figueira.
Xesús respondeulle: Se alguén me ama, gardará a miña palabra, e meu Pai amarao, e viremos onda el, e faremos vida con el.
Coma colaboradores seus, exhortámosvos a non desaproveitar a graza de Deus.
que Cristo habite pola fe nos vosos corazóns e que teñades a vosa raíz e o voso alicerce no amor,
Que non vos esqueza darlles pousada ós forasteiros, xa que, grazas a isto, algúns, sen se decataren, déronlles pousada ós mesmos anxos.
Mira que hai tempo que estou a petar na túa porta. Se alguén escoita a miña voz e abre a porta, eu entraría cabo del e cearía con el e el comigo.