44 Esnaquizarante contra o chan a ti e mais os teus fillos. Non che deixarán pedra sobre pedra, por non recoñecer a oportunidade de cando te visitaron.
(Het) Pecou, pecou Xerusalén, por isto vólvese cousa abominable. Todos os que a honraban, desprézana, pois están vendo a súa nudez. Ela chora en voz alta e vírase de costas.
Entre os pagáns mantede un comportamento honrado, para que, aínda que vos calumnien polo voso comportamento coma malfeitores, ó veren as vosas obras boas, acaben por dar gloria a Deus, o día que El os visite.