Pois o Señor erguerase coma o monte Perassim e moverase coma o val de Gabaón para executar a súa obra, a estraña obra súa, e para facer o seu traballo, estraño traballo o seu.
Se non lle facedes caso, eu chorarei ás agachadas, por causa da vosa soberbia correrán as miñas bágoas, bágoas baixarán dos meus ollos, xa que vai cativo o rabaño do Señor.
Pero eu, si, apureime a correr tras de ti por mor da desgraza, eu desexei para min días tranquilos. Ti sábelo ben: a manifestación dos meus labios está ante a túa cara.
Como te vou entregar, Efraím? Como te vou deixar, Israel? Como te vou entregar igual ca Ademah? Como te vou volver igual ca Seboim? O meu corazón revólvese contra min, ó mesmo tempo que a miña compaixón se conmove.