18 Chegou o segundo dicindo: "A túa onza, Señor, produciu outras cinco",
Pero o que foi sementado en boa terra, vén ser aquel que escoita a Palabra e a comprende: este si que dá froito e produce nun caso cento, noutro sesenta e noutro trinta.
Chegou o que recibira dous talentos e dixo: "señor, dous talentos me entregaches, velaquí outros dous que gañei".
Pero os que son coma a boa terra, escóitana, acóllena e dan moito froito: uns o trinta, outros o sesenta, e outros o cento por un.
Chamou logo por dez dos seus criados, repartiulles dez onzas, e encargoulles: "Negociade ata que volva".
El contestoulle: "Ben, criado cumpridor: xa que fuches fiel en cousa pequena, serás rexedor de dez cidades".
Contestoulle tamén a este: "Ti tamén serás rexedor de cinco cidades".
pois se precede a boa disposición, acéptase con gusto o que se ten, non o que non se ten.