Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 19:10 - Biblia SEPT

10 Porque o Fillo do Home vén buscar e salvar o que estaba perdido.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 19:10
17 Iomraidhean Croise  

O mesmo que mira o pastor polos años, o día en que el se atopa diante do rabaño dispersado, así eu vou mirar polas miñas reses, e vounas salvar, sacándoas de todos os sitios por onde se espallaron un día de nubes e escuridade.


Buscarei a ovella perdida, farei volver a extraviada, vendarei a que ten a pata partida, fortalecerei á feble, pero farei que perezan a gorda e a forte. Apacentarei o meu rabaño conforme a xustiza.


Dará a luz un fillo, e ti poñeraslle de nome Xesús, porque salvará o seu pobo de todos os seus pecados.


ide máis ben ás ovellas perdidas da casa de Israel.


El contestoulles: Non fun enviado máis que ás ovellas extraviadas da casa de Israel.


Coidadiño con desprezar a un destes cativos! Asegúrovos que os seus anxos, no ceo, están sempre contemplando o rostro do meu Pai celestial.


que menos que celebrar unha festa cheos de alegría, xa que ese teu irmán estaba morto e volve á vida, estaba perdido e atopámolo?".


E que muller que teña dez moedas e perde unha, non acende a luz, e non varre a casa, buscándoa con coidadiño ata atopala?


Non mandou Deus o Fillo ó mundo para que xulgue o mundo, senón para que por el se salve o mundo.


De certo, xusto cando nós aínda estabamos sen forzas, no tempo preciso, Cristo morreu polos impíos.


Por iso pode levar á plenitude da salvación para sempre ós que por El se achegan a Deus, xa que en todo momento vive para interceder por eles.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan