Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 18:9 - Biblia SEPT

9 Propuxo tamén esa parábola dirixíndose a uns que estaban moi seguros de si mesmos, créndose perfectos e desprezando os demais:

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 18:9
22 Iomraidhean Croise  

Hai xente que se ten por limpa, e non se lava da súa cotra.


Din: "Arreda, non me toques, que te podería consagrar". Estas cousas son fume nos meus narices, lume que arde todo o tempo.


Escoitade a palabra do Señor, os que tremedes coa súa palabra. Os vosos irmáns que vos aborrecen e que vos rexeitan por causa do meu nome dixeron: "Que o Señor mostre a súa gloria para que vexamos a vosa ledicia", pero eles quedarán avergonzados.


No sétimo día o sacerdote volverá examinar a chaga. Se non se estendeu nin aparece pelo amarelo, e a chaga non aparece máis fonda cá pel,


Pero o xurista, querendo xustificarse, preguntoulle a Xesús: E quen é o meu próximo?


Por iso os fariseos e letrados murmuraban: Este acolle os pecadores e come con eles.


El díxolles: Vós, moita fachenda de perfectos; pero Deus coñécevos por dentro; e o que loce ante os homes é noxento para Deus.


O fariseo, de pé, oraba para os seus adentros deste xeito: "Meu Deus, douche grazas porque non son coma os demais: ladrón, inxusto e adúltero; nin coma ese recadador.


Pero vendo aquilo, a xente empezou a murmurar: Entrou a se hospedar na casa dun pecador.


Vendo aquilo, o fariseo que o convidara dixo para si: Se este fose un profeta, coñecería quen é, e que caste de muller é a que o está a tocar, unha pecadora.


Os xudeus replicáronlle: Non dicimos con razón que ti es un samaritano e que tes o demo no corpo?


Eles enchérono de aldraxes e dixéronlle: Serás ti discípulo del; nós somos discípulos de Moisés.


Respondéronlle eles: Ti naciches todo metido en pecados e vasnos ensinar a nós? E botárono fóra.


Pero el contestoume: "Vai, que te hei de mandar lonxe, ós pagáns".


Pois ignorando a xustificación de Deus, e procurando establecer a súa propia, non se someteron á xustificación de Deus.


E ti por que xulgas a teu irmán? E ti por que desprezas a teu irmán? Se todos temos que comparecer diante do tribunal de Deus!


O que come, non desprece ó que non come; e o que non come, non condene ó que come, pois tamén a este o acolle Deus.


De feito houbo un tempo no que eu non estaba baixo a Lei, e vivía; pero, ó aparecer a Lei, recobrou a vida o pecado


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan