Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 18:7 - Biblia SEPT

7 E logo Deus non lles vai facer xustiza ós seus elixidos, que claman día e noite, e non vai ter paciencia con eles?

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 18:7
31 Iomraidhean Croise  

Cántiga, salmo dos coreítas. Do mestre do coro, segundo Mahalat, para cantar. De Hemán o indíxena.


O Señor aséntase firme, prepara a sede para xulgar.


O meu noxo acenderase e fareivos morrer a espada. As vosas mulleres quedarán viúvas e os vosos fillos orfos.


Xacob, por que dis? Israel, por que afirmas?: "O meu comportamento está escondido para o Señor, ó meu Deus esqueceulle a sentencia ó meu favor".


pois aínda volverá ser unha visión no seu momento, falará da fin e non mentirá. Se tarda, espéraa, pois virá e non demorará.


E, de non se abreviaren aqueles días, ninguén sairía con vida; pero por mor dos elixidos han ser abreviados.


Pois aparecerán falsos Mesías e falsos profetas, que farán grandes sinais e prodixios para desorientar a xente, e, se fose posible, incluso os mesmos elixidos.


Pois se vós, que sodes ruíns, ben sabedes darlles cousas boas ós vosos fillos, canto máis voso Pai celestial llelas dará ós que llas pidan?


Pois se vós, sendo ruíns, ben lles sabedes dar cousa boas ós vosos fillos, canto máis o Pai celestial dará o Espírito Santo ós que llo pidan!


e logo como viúva ata os oitenta e catro. Non se apartaba do templo nin de noite nin de día, servindo a Deus con xaxún e oracións.


Pero cando empece a suceder todo isto, poñédevos de pé e erguede ben a cabeza, porque chega o día da vosa liberación.


Quen acusará ós escolleitos de Deus? Sendo Deus o que perdoa,


Vós, logo, coma elixidos de Deus, santos e benqueridos, revestídevos de sentimentos de misericordia, de bondade, de humildade, de sinxeleza, de tolerancia.


Rogámoslle con insistencia noite e día que poidamos visitarvos persoalmente e encher as fallas que teña a vosa fe.


como é xusto que Deus pague con tribulacións ós que vos aflixen


A viúva de verdade, a que está desamparada, pon a súa esperanza en Deus e persevera nas oracións e súplicas noite e día.


Doulle grazas a Deus, a quen sirvo desde o nacemento con conciencia limpa, porque decote me lembro de ti nas miñas oracións, noite e día.


Por iso soporto todas as cousas por mor dos escolleitos, para que tamén a eles lles toque en sorte a salvación que vén de Cristo Xesús, coa gloria eterna.


Paulo, servidor de Deus e apóstolo de Xesús Cristo, para levar os escolleitos de Deus á fe e mais ó coñecemento da verdade, que é conforme á piedade verdadeira


Pedro, apóstolo de Xesús Cristo, ós emigrantes espallados polas provincias do Ponto, Galacia, Capadocia, Asia e Bitinia,


Non está retrasando Deus o cumprimento do que prometeu, aínda que algúns o crean así: o que pasa é que ten paciencia convosco, porque non quere que ninguén pereza senón que a todos lles dea tempo a se converteren.


Alégrate, ceo, por causa dela! E vós, os santos, os apóstolos e os profetas, alegrádevos! Porque Deus volveu contra ela a sentencia que un día ela lanzara contra vós".


E a grandes berros preguntaron: "Ata que día, noso Dono santo e verdadeiro tardarás en facer xustiza e en vingar o noso sangue contra os veciños da terra?"


Por iso están diante do trono de Deus, e adórano día e noite no seu santuario. E quen está sentado no trono chantará a súa tenda cabo deles.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan