Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 18:3 - Biblia SEPT

3 Na mesma vila había tamén unha viúva, que acudía a el dicíndolle: "Faime xustiza fronte ó meu contrario".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 18:3
13 Iomraidhean Croise  

As viúvas botáchelas fóra baleiras, e arruinaches os brazos dos orfos.


Botábame bendicións o agoniado, exaltábame o corazón da viúva;


Aprendede a facer o ben, buscade a xustiza encamiñade ó avergonzado, facédelle xustiza ó orfo, defendede a viúva.


Así medran, fanse ricos, crecen gordos e lustrosos. A berros proclaman a sentencia inxusta, non xulgan conforme o dereito; o xuízo do orfo endexamais non ten éxito, nin sentencian o dereito dos pobres.


Ponte de acordo, canto antes, co teu preiteante mentres ides de camiño; non sexa que te entregue ó xuíz, o xuíz ó garda, e te boten na cadea.


Había nunha vila un xuíz que nin temía a Deus nin respectaba o home.


El durante moito tempo non lle fixo caso ningún; pero despois cavilou: "Aínda que non temo a Deus nin respecto o home,


como esta viúva me está amolando, voulle facer xustiza, para que non me siga toleando toda a vida".


Maldito sexa quen torza o dereito de emigrante, do orfo e da viúva. E todo o pobo dirá: Amén.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan