Pois o home que non cre queda santificado pola súa muller; e a muller que non cre queda santificada polo marido crente. Se non fose así, os vosos fillos serían impuros, cando a verdade é que son santos.
Reúne ao pobo, homes, mulleres e rapaces, e ao emigrante que vive dentro das portas das túas cidades, para que escoiten e aprendan a respectar o Señor, o voso Deus, e para que procuren cumprir todos os preceptos desta lei.