Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 18:13 - Biblia SEPT

13 O recadador, en troques, manténdose a distancia, non se atrevía nin a levantar os ollos ó ceo, senón que petando no peito dicía: "Meu Deus, ten compaixón de min, que son un pecador".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 18:13
45 Iomraidhean Croise  

David díxolle a Natán: —"Pequei contra o Señor!" E Natán díxolle: —"O Señor perdoa o teu pecado e non morrerás.


A súa oración e a acollida divina, o seu pecado e a súa rebeldía, os lugares onde levantou ermidas e erixiu estelas e ídolos antes da súa conversión, están rexistrados na historia dos seus videntes.


Pero non se humillou ante o Señor como fixera seu pai; ó contrario, multiplicou as súas culpas.


dicíndolle: —"Meu Deus, avergóñome e non me atrevo a levantar a ti o rostro, porque os nosos pecados exceden a nosa cabeza e chega ata o ceo a nosa culpa.


por iso retiro o dito e arrepíntome no po e na cinsa".


Nós pecamos igual cós nosos pais, cometemos maldade e iniquidade.


(Vau) Veña, Señor, a min o teu amor, o teu socorro, conforme a túa promesa.


que Israel espere ó Señor, pois no Señor está o amor e a redención cumprida.


Polo teu nome, Señor, perdoa as miñas culpas, que son grandes.


Dos erros e das culpas da miña mocidade non te lembres: acórdate de min segundo o teu amor, Señor, pola túa bondade.


E ti, Señor, non me cerres as entrañas; que me garden sempre o teu amor e verdade, pois males sen conto me rodean, atrápanme as miñas culpas, xa non podo nin ver.


O Señor socorrerao no leito da dor, aliviarao na súa enfermidade.


O pobo todo podía ver a columna de nube pousarse na entrada da Tenda, e todos se erguían e se prostraban, cada un á porta da súa tenda.


Agora vinde acá, e razoemos xuntos —di o Señor: Aínda que os vosos pecados fosen coma o granate, coma a neve branquexarán; aínda que fosen vermellos coma o carmesí, coma lá se volverán.


Eu dixen: "Ai de min! Estou perdido! Pois sendo un home de labios lixados, e que vive entre un pobo de labios lixados, vin cos meus ollos o mesmo Rei, o Señor dos Exércitos".


Si, todas estas cousas fíxoas a miña man. Aí están todas elas! é o Señor quen fala. Pero hei de ollar por este, polo pobre, polo abatido de espírito e que treme ante as miñas palabras".


para que te acordes e te avergonces e nunca máis teñas que abrir a boca con vergonza, cando eu che perdoe todo o que fixeches —é o Señor quen fala—.


Felipe e Bartolomeu, Tomé e Mateu, o recadador de impostos, Santiago o de Alfeo e mais Tadeu,


Cando recedes non fagades coma os hipócritas, que gustan de rezar moi ergueitos nas sinagogas e nos recantos das rúas para que os vexa a xente; asegúrovos que tamén recibiron a súa recompensa.


Ide, pois, aprender o que significa aquilo de Misericordia quero e non sacrificios. Porque non vin chamar polos xustos, senón polos pecadores.


E cando esteades de pé facendo oración, perdoade, se algo tedes contra outros; para que tamén vos perdoe as vosas culpas o voso Pai que está no ceo.


ó entrar nunha aldea, saíronlle ó paso dez gafos. Pararon ó lonxe,


E arredándose deles, coma un tiro de pedra, púxose a rogar axeonllado:


E toda a xente que acudira ó espectáculo, ó ver o que pasaba, volvía batendo no peito.


Vendo isto, Simón Pedro botóuselle ós pés a Xesús, dicindo: Señor, arreda de min, que eu son un pecador.


O sentiren isto, quedaron moi impresionados e dixéronlle a Pedro e ós outros apóstolos: Irmáns, que debemos facer?


pero Deus demostrounos o seu amor no feito de que, sendo aínda nós pecadores, Cristo morreu por nós.


Velaí canta ansia provocou en vós o contristarvos segundo criterios de Deus e mesmo con que desculpas e con que indignación, con que temor, con que saudade, con que emulación, con que escarmento demostrastes de todos os modos posibles que non tiñades culpas no asunto.


Esta é palabra segura merecente de que todos a acollan: que Cristo Xesús veu ó mundo para salvar os pecadores, dos que eu son o primeiro.


Acheguémonos, con liberdade ó trono da graza, para conseguirmos misericordia e atoparmos graza para unha axuda no seu debido tempo.


xa que estarei disposto a perdoarlles as súas maldades, e xa non me lembrarei máis dos seus pecados.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan