Si, cando alongades as vosas palmas, tapo os ollos para non vos ver. Cando, a forza de berros, aumentades a vosa oración, non son eu quen vos escoita. As vosas mans están cheas de sangue.
Porque eu lles dou ós levitas en herdanza o décimo que os fillos de Israel ofrecerán como oblación ó Señor. Por iso lles dixen: no medio dos fillos de Israel non han ter herdanza".
Cando xaxuedes non poñades caras tristeiras, como fan os hipócritas: desfiguran as súas caras para que a xente llelo note. Asegúrovos que xa recibiron a súa recompensa.
Cando recedes non fagades coma os hipócritas, que gustan de rezar moi ergueitos nas sinagogas e nos recantos das rúas para que os vexa a xente; asegúrovos que tamén recibiron a súa recompensa.
Ai de vós, fariseos! Pagades o décimo pola menta, pola ruda e por tódalas verduras, e deixades a un lado a xustiza e mais o amor de Deus. Pero é isto o que hai que practicar, aínda que sen descoidar o outro.
O exercicio corporal e útil para pouco tempo; pero a piedade verdadeira é útil para sempre, porque contén a promesa da vida presente e da que está por vir.