11 O fariseo, de pé, oraba para os seus adentros deste xeito: "Meu Deus, douche grazas porque non son coma os demais: ladrón, inxusto e adúltero; nin coma ese recadador.
Si, cando alongades as vosas palmas, tapo os ollos para non vos ver. Cando, a forza de berros, aumentades a vosa oración, non son eu quen vos escoita. As vosas mans están cheas de sangue.
Día tras día búscanme a min e comprácense no coñecemento dos meus vieiros, coma se fosen un pobo que practicase a xustiza e non abandonase a lei do seu Deus. Pregúntanme polos preceptos da xustiza e comprácense coa proximidade de Deus.
E logo onde están os teus deuses, os que para ti fixeches? Que eles esperten, se te poden salvar na hora da túa calamidade! Olla, Xudá: o número das túas cidades é o mesmo có número dos teus deuses.
Veñen onda ti coma ás xuntanzas do pobo. Así os do meu pobo sentan na túa presenza; escoitan as túas palabras, pero cumprir, non as cumpren; coas súas bocas están facendo promesas de amor, pero os seus corazóns van tralas inxustas ganancias.
Os seus xefes emiten veredictos conforme ós regalos, os seus sacerdotes dan a lei por un prezo, e os seus profetas adiviñan por diñeiro, e ademais apóianse no Señor, dicindo: Non está o Señor no medio de nós? Ningunha desgraza nos acontecerá.
Cando recedes non fagades coma os hipócritas, que gustan de rezar moi ergueitos nas sinagogas e nos recantos das rúas para que os vexa a xente; asegúrovos que tamén recibiron a súa recompensa.
En cambio todos os que viven das obras da Lei están baixo maldición. Porque está escrito: Malia quen non se ateña a todo o que está escrito no libro da Lei para que se cumpra.