8 Non lle dirá máis ben: "Prepara a cea, viste a roupa de traballo e ponme a comida; e cando eu remate de comer e beber, comerás e beberás ti?"
Cando Xosé viu a Benxamín cos irmáns, díxolle ó seu mordomo: —"Leva estes homes para a casa, mata un animal e prepárao, pois xantarán comigo".
David entón ergueuse do chan, lavouse, perfumouse e mudouse, e logo foise prostrar á casa do Señor. Despois volveu para o seu pazo, pediu de comer, servírono e comeu.
Ditosos os criados a quen o amo atope agardando cando chega. Tede por certo que poñerá a roupa de traballo, sentaraos na mesa e serviraos un por un.
E quen de vós que teña un criado arando ou pastoreando, lle di cando chega da veiga: "Entra axiña e ponte á mesa".
Ou é que aínda lle vai ter que estar agradecido ó criado por facer o que lle manda?
ergueuse da mesa e deixou a túnica; e collendo unha toalla, cinguiuse con ela.