7 E quen de vós que teña un criado arando ou pastoreando, lle di cando chega da veiga: "Entra axiña e ponte á mesa".
El respondeulles: Quen de vós que teña unha soa ovella, se lle cae en sábado nun foxo, non a colle e a saca de alí?
Replicoulle Xesús: Hipócritas! Non ceibades vós, nos sábados, o voso boi ou o voso burro, para os levar a beber?
E mirando para eles, díxolles: Quen de vós, se un fillo ou un boi lle cae nun pozo, non o tira do pozo no instante aínda que sexa sábado?
O que pasou no tempo de Noé pasará tamén no tempo do Fillo do Home.
O Señor respondeulles: Se tivésedes polo menos unha fe coma un gran de mostaza, diriádeslle a esta moreira: "Arríncate e plántate no mar", e seguro que vos obedecía.
Non lle dirá máis ben: "Prepara a cea, viste a roupa de traballo e ponme a comida; e cando eu remate de comer e beber, comerás e beberás ti?"