4 E se te ofende sete veces no día e sete veces volve a ti dicindo: "Síntoo moito", perdóao.
Se non te escoita, leva contigo un ou dous, para que por medio de dúas ou tres testemuñas quede resolto o asunto.
Así tamén fará convosco meu Pai celestial, se non perdoades de corazón cada un a seu irmán.
Pero eu dígovos: amade os vosos inimigos, e pregade polos que vos perseguen.
E perdoa as nosas débedas como tamén nós perdoamos xa ós nosos debedores.
Rogáronlle os apóstolos ó Señor: Auméntanos a fe!
Pero se o teu inimigo ten fame, dálle de comer; se ten sede, dálle de beber: obrando así, amoreas brasas acesas enriba da súa cabeza.