Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 17:3 - Biblia SEPT

3 Andade con coidado. Se o teu irmán che fai mal, repréndeo; se se arrepinte, perdóao.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 17:3
18 Iomraidhean Croise  

Que os xustos me castiguen e que os bos me reprendan, pero que o óleo dos malvados non unxa a miña testa: eu seguirei pregando contra a súa maldade.


Gárdate de facer pactos cos moradores da terra na que entras, para que logo non teñas contigo unha trapela.


Unha reprensión ten máis efecto no home asisado, ca cen fungueirazos no parvo.


Mellor é reproche patente cá amizade acubillada.


Non corrixas ó insolente, non sexa que te odie; corrixe a un sabio, e hate amar.


Non terás odio de corazón ó teu irmán; e reprenderás con decisión o teu próximo, para non cargar co seu pecado.


Entón Pedro, achegándose, preguntoulle: Señor, cantas veces terei que perdoar a meu irmán se me segue ofendendo? Ata sete veces?


Tede conta de vós mesmos; non sexa que vos atordedes na borracheira, na libertinaxe e nas preocupacións da vida, e de súpeto caia sobre vós aquel día;


Mirade, logo, con tino como camiñades: non coma atolados senón coma sensatos,


Tende moito coidado con vós mesmos, que, o día que o Señor vos falou no Horeb desde o medio da lumarada, non vistes ningunha figura.


Tende coidado, non vos esquezades da alianza do Señor, o voso Deus, a que el pactou convosco, nin vos fagades ídolos da figura de calquera cousa, porque cho prohibiu o Señor, o teu Deus;


Pero ti ten moito coidado de ti, ten coidado coa túa vida, de non esqueceres cousas que viron os teus ollos e de que non se che aparten do teu corazón todos os días da túa vida. Cóntallelas a teus fillos e a teus netos.


Tede moito coidado de que ningún quede sen o favor de Deus, de que ningunha raíz velenosa agromada dane e contaxie a comunidade.


Meus irmáns, se algún de vós se arreda da verdade e outro o trae ó bo camiño,


Mirade por vós mesmos: para non perderdes o que traballastes, senón para recibirdes a paga enteira.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan