13 e dando voces suplicáronlle: Xesús, Mestre, ten dó de nós.
E apareceu unha muller cananea daqueles contornos, que berraba: Compadécete de min, Señor, Fillo de David: a miña filla está atormentada por un demo.
Cando saíu Xesús de alí, fórono seguindo dous cegos que berraban: Fillo de David, ten dó de nós.
E hai veces que mesmo o bota no lume ou na auga, para acabar con el. Pero se podes facer algo, ten dó do rapaz e bótanos unha man.
El, ó velos, díxolles: Ídevos presentar ós sacerdotes. E aconteceu que cando ían para alá, quedaron limpos.
Respondeu Simón: Mestre, pasamos a noite faenando e non demos collido un rabo de peixe, pero, xa que ti o dis, largarei o aparello.