O Señor díxolle a Moisés: —"Se o pai dela lle cuspise no rostro, non quedaría ela en vergonza durante sete días? Estea, pois, recluída sete días fóra do campamento, e despois poderá ser outra vez chamada"!
O recadador, en troques, manténdose a distancia, non se atrevía nin a levantar os ollos ó ceo, senón que petando no peito dicía: "Meu Deus, ten compaixón de min, que son un pecador".