Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 16:9 - Biblia SEPT

9 Por iso eu avísovos: Facede amigos coas riquezas inxustas, para que cando vos falten, vos acollan nas moradas eternas.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 16:9
28 Iomraidhean Croise  

O meu corpo e o meu corazón consumiranse, pero Deus é para sempre a miña rocha e a miña sorte.


A coroa dos sabios é a súa riqueza, diadema dos insensatos é a necidade.


Quen é bo co pobre préstalle ó Señor, que lle reparará cumpridamente a débeda.


Apartas dela os ollos, e esmorece. pois pode botar ás e coma a aguia fuxir voando cara ó ceo.


"Envía o teu trigo polo mar, despois de moitos días halo de recobrar!"


Certo que non me querelarei sempre, nin estarei enfadado constantemente, senón o espírito languidecería lonxe da miña presenza e os viventes que eu creei.


Respondeulle Xesús: Se queres ser perfecto, vai, vende canto tes, e dállelo ós pobres, e terás un tesouro no ceo; e despois, ven e sígueme.


Non amoreedes tesouros na terra onde a traza e mais a ferruxe acaban con eles, e os ladróns asaltan as casas para roubalos.


Ninguén pode servir a dous amos, porque ou lle ten lei a un e xenreira a outro, ou ben atende a un e menospreza ó outro. Non podedes servir a Deus e mais o diñeiro.


Pois logo, dade en esmolas o que hai dentro, e veredes como tódalas cousas serán limpas para vós.


Vendede os vosos bens e dádeos en esmola, facede bolsas que non se estraguen, un tesouro inesgotable no ceo, onde o ladrón non pode chegar e onde a traza non o bota a perder.


e serás ditoso, porque non te poden recompensar; pero xa se che recompensará na resurrección dos xustos.


Pois, se coa riqueza inxusta non sodes fieis, quen vos vai confiar a verdadeira?


Ningún criado pode servir a dous amos, porque ou lle ten xenreira a un e ama o outro; ou ben atende a un e menospreza o outro. Non podedes servir a Deus e mais o diñeiro.


Ora! Xa sei o que vou facer para que cando me despidan haxa quen me acolla na súa casa!".


e dixo: "Cornelio, a túa oración escoitouse, e as túas esmolas recórdanse diante de Deus;


Cheo de medo, e mirando fixo para el, respondeu: Que é, Señor? O anxo respondeulle: As túas oracións e as túas esmolas subiron diante de Deus e tenas presentes;


Os sufrimentos transitorios e leves prepárannos unha inmensa carga de gloria eterna por riba de toda medida.


mantédevos no amor de Deus, agardando que a misericordia do noso Señor Xesús Cristo vos dará a vida eterna.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan