Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 16:8 - Biblia SEPT

8 O amo loou a aquel administrador inxusto pola astucia con que actuara, pois os fillos deste mundo son máis asisados nas cousas deles cós fillos da luz.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 16:8
23 Iomraidhean Croise  

A serpe era o máis arteiro de todos os animais que o Señor Deus fixera. Díxolle á muller: —"Conque Deus vos prohibiu comer do froito das árbores do xardín?"


Amnón tiña un amigo chamado Ionadab, fillo de Ximah, irmán de David. Era un home moi arteiro.


Convocade onda min a todos os profetas de Baal, os seus adoradores e os seus sacerdotes. Que non falte ningún, porque quero ofrecer a Baal un gran sacrificio. Aquel que falte non vivirá". Iehú procedía arteiramente, para ver de acabar dunha vez con todos os adoradores de Baal.


coa túa man, Señor, dos mortais, dos mortais do mundo, que teñen sorte na vida: enchen o ventre cos teus bens, fártanse os seus fillos e deixan o resto para os seus nenos.


Imos tratalo con astucia, non sexa que, se se declara unha guerra, se axunte cos nosos inimigos, pelexe contra nós e logo saia do país".


Loan a un polo seu siso, mais o arteiro será aldraxado.


E a quen fale contra o Fillo do Home poderáselle perdoar, pero a quen fale en contra do Espírito Santo non se lle perdoará, nin neste mundo nin no vindeiro.


O responder el que dos alleos, Xesús concluíu: Polo tanto, os fillos están exentos.


Quen é fiel no pouco, tamén será fiel no moito; e quen é inxusto no pouco, tamén será inxusto no moito.


Ora! Xa sei o que vou facer para que cando me despidan haxa quen me acolla na súa casa!".


Despois preguntoulle ó segundo: "Ti canto debes?". Respondeulle: "Debo cen ferrados de trigo". Díxolle el: "Pois colle o teu recibo e escribe oitenta".


E o Señor continuou: Escoitade o que di un xuíz inxusto.


Xesús contestoulles: Neste mundo os homes e mais as mulleres casan entre eles.


Pero os que sexan dignos da vida futura e da resurrección de entre os mortos, non casarán nin eles nin elas,


Mentres tedes a luz, crede na luz, para que vos volvades fillos da luz. Xesús en falando estas cousas, fuxiu e agachouse deles.


Que ninguén se engane. Se entre vós hai algún que se crea sabio ó xeito deste mundo, decátese de que é parvo para volverse sabio de verdade.


porque antes, si, erades tebras pero agora sodes luz no Señor. Así que andade coma fillos da luz,


Esa xente vai acabar na perdición; o Deus dela é o bandullo; o orgullo dela está na vergonza: xente que só se interesa polas cousas terreais.


xa que todos vós sodes fillos da luz, fillos do día: non somos da noite nin das tebras.


Pero, en cambio, vós sodes raza escollida, sacerdocio de reis, nación santa, pobo adquirido por Deus, para pregoardes as marabillas daquel que vos chamou das tebras á súa luz admirable.


Nisto é onde se ven os que son fillos de Deus e os que son fillos do demo. Quen non fai o que é xusto, isto é, quen non quere ben a seu irmán, non vén de Deus.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan