Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 16:26 - Biblia SEPT

26 Ademais, entre nós e vós hai un abismo insalvable; de xeito que desde aquí non se pode pasar onda vós, nin desde aí se pode vir onda nós".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 16:26
15 Iomraidhean Croise  

Este é o camiño dos parvos e o porvir dos satisfeitos.


Entendede ben isto, os que esquecedes a Deus, antes que vos esnaquice, sen que ninguén vos salve.


E xa non volverá haber para os da Casa de Israel espiño que se crava nin aguillón que fura de parte de todos os veciños que os desprezan. Entón recoñecerán que eu son o Señor, Deus.


Entón veredes de novo a diferenza entre o xusto e o malvado, entre quen serve ó Señor e quen non o serve.


Daquela irán estes ó castigo eterno, e os xustos á vida eterna".


Que de alí seguro que non saes ata que pagues o último céntimo.


Pero Abraham contestoulle: "Fillo, recorda que ti recibiches bens na túa vida, mentres Lázaro recibiu males; agora el recibe consolo e ti tormento.


Entón el insistiu: "Suplícoche, pai Abraham, que o mandes a casa do meu pai,


Quen cre no Fillo, ten vida eterna; pero quen non obedece ó Fillo non verá a vida, que a ira de Deus pesa enriba del.


E, despois de os engaiolar, ó demo botárono na lagoa de lume e xofre, onde xa estaban a besta e mais o falso profeta. Alí hanos castigar día e noite polos séculos dos séculos.


Quen fai mal, que o siga facendo; o que é impuro, que siga na impureza; o que é honrado, que siga actuando honradamente; o de conciencia limpa, que a siga mantendo limpa.


Cando Abigail chegou onda Nabal, encontrouno celebrando unha esmorga de rei na súa casa. Tiña contento o corazón e estaba moi chispo. Ata ó amencer ela non lle dixo unha palabra, nin máis alta nin máis baixa.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan