Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 16:23 - Biblia SEPT

23 Estando no lugar dos mortos, no medio dos tormentos, erguendo os ollos viu a Abraham e mais a Lázaro no seu seo.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 16:23
26 Iomraidhean Croise  

Ti non abandonarás á morte a miña vida, nin deixarás que o teu amigo vexa a corrupción.


Coma ovellas caen no abismo, o seu pastor é a morte: cedo van aló dereitos. A súa figura desfaise, a súa morada é o abismo.


pois o teu amor comigo é moi grande, ti líbrasme do abismo.


O Señor maniféstase para facer a xustiza; os malvados caen na propia trapela.


Hai un vieiro de vida —costa arriba— para o sabio, para se afastar do Xeol —costa abaixo—.


os seus pés van descendendo para a morte, as súas pegadas van dar no Xeol;


A súa casa é o camiño do Xeol que descende ata as moradas da morte.


E o tal non sabe que alí fican os mortos e os seus convidados, nos vales do Xeol.


Como baixas ó Xeol, ó fondo do Abismo!


Debaixo treme o Xeol por causa túa, proclamando a túa chegada: esperta ós defuntos, a todos os xefes do outro mundo. Fai levantarse dos seus tronos a todos os reis dos pobos.


E ti, Cafarnaún: Seica pensas que vas chegar ata o ceo? Asolagaraste no abismo! Porque se en Sodoma se fixesen os milagres que se fixeron en ti, aínda duraba hoxe.


E se o teu ollo te pon en perigo, arríncao e tírao lonxe de ti: máis che vale entrar na vida cun ollo só e non que te boten cos dous no lume do inferno.


Cobras, niñada de víboras! Como ides escapar da condena do inferno?


Pero eu dígovos: Todo o que se enrabeche co seu irmán será reo ante o tribunal; quen o alcume será reo ante o Sanedrín; e quen o aldraxe será reo do lume do inferno.


Se o teu ollo dereito che é ocasión de pecado, arríncao e tira con el; que máis che vale que se perda un dos teus membros e non que te boten todo enteiro no inferno.


E berrando dicían: Que temos que ver contigo, Fillo de Deus? Seica vés para atormentáresnos antes de tempo?!


Entón suplicoulle dicindo: "Ai, pai Abraham, ten dó de min; mándame a Lázaro para que molle o seu dedo na auga e refresque a miña lingua, porque me atormenta o lume".


onde teño cinco irmáns, para que lles fale claramente e non veñan dar a este lugar de tormentos".


O ver a Xesús, púxose a barullar e foi caer ó pé del berrando: Que teño eu que ver contigo, Xesús, Fillo do Deus Altísimo? Pídoche por favor que non me atormentes.


Morte, u—la túa vitoria? Morte u—lo teu aguillón?


Pois Deus non perdoou os anxos que pecaron senón que os botou ós alxubes escuros do inferno, gardándoos alí para o xuízo.


E, despois de os engaiolar, ó demo botárono na lagoa de lume e xofre, onde xa estaban a besta e mais o falso profeta. Alí hanos castigar día e noite polos séculos dos séculos.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan