Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 16:22 - Biblia SEPT

22 Resulta que morreu o pobre, e levárono os anxos ó seo de Abraham. Morreu tamén o rico, e enterrárono.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 16:22
28 Iomraidhean Croise  

transcorren os seus días na ledicia e baixan tranquilos ó Xeol,


Pola súa malicia o malo é refugado, mais ten confianza o xusto cando morre.


Deste modo vin eu levar para a cova ós impíos. E vaise con eles, e vóltase do camposanto. E esquécese na vila o que fixeron. Tampouco isto non ten xeito!


Todos os reis dos pobos, todos descansan con gloria, cada un na súa tumba,


Que tes ti aquí? A quen tes ti aquí, pois cavaches aquí unha sepultura para ti? Eu estou cavando no alto a miña sepultura, estou tallando na pedra o meu lugar de descanso".


Coidadiño con desprezar a un destes cativos! Asegúrovos que os seus anxos, no ceo, están sempre contemplando o rostro do meu Pai celestial.


E enviará os seus anxos cunha grande trompeta, para reuniren os elixidos desde os catro ventos, de cabo a cabo do mundo.


E dígovos que moitos de oriente e mais de occidente virán sentar na mesa de Abraham, Isaac e Xacob, no Reino dos Ceos.


Pois de que lle serve ó home gañar o mundo enteiro, se perde a súa vida?


Pero Deus díxolle: "Insensato, esta mesma noite váiseche reclamar a túa vida: para quen será todo o que fixeches?"


que estaba desexando matar a fame co que caía da mesa do rico; e incluso os cans se achegaban a lle lamber as chagas.


A Deus ninguén o viu; o Unixénito, que está no seo do Pai, foi quen nolo revelou.


Estaba recostado no peito de Xesús un dos seus discípulos, aquel a quen Xesús amaba.


Virándose Pedro, viu que o seguía o discípulo a quen amaba Xesús, o que se recostara no seu peito na cea e lle preguntara "Señor, quen é o que te ha de entregar?"


Que outra cousa son todos eles, se non espíritos que están ó servizo del, para que os mande en axuda dos que han herdar a salvación?


Por isto, xa que os fillos participan todos da mesma carne e do mesmo sangue, tamén El participou igualmente da carne e do sangue, para que coa súa morte puidese deixar sen forzas o que retiña o poder da morte, isto é, Satán;


soérguese o sol coa súa fogaxe e queima a herba, cáelle a flor e pérdese a súa fermosa aparencia; pois así mesmiño murchará o rico nas súas empresas.


No seu corpo, el ofrendou os nosos pecados sobre a cruz, para que nós, mortos ó pecado, vivamos para a xustiza: curáronnos as súas chagas.


E oín unha voz do ceo que me dicía: "Escribe: Benia os mortos que, de agora en diante, morran no Señor. Si di o Espírito, que descansen das súas fatigas, porque as súas obras van con eles".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan