21 que estaba desexando matar a fame co que caía da mesa do rico; e incluso os cans se achegaban a lle lamber as chagas.
Pero ela contestou: Non é, Señor, non; pero tamén os cadelos comen das faragullas que caen da mesa dos seus amos.
Ela contestoulle: Non é, Señor; non é; pero tamén os cadeliños apañan debaixo da mesa as faragullas que deixan caer os fillos.
O pé da súa porta xacía un pobre, chamado Lázaro, todo cuberto de chagas,
Resulta que morreu o pobre, e levárono os anxos ó seo de Abraham. Morreu tamén o rico, e enterrárono.
Cando se fartaron, díxolles ós seus discípulos: Recollede os anacos sobrantes, para que non se estrague nada.
Mesmo na hora presente pasamos fame e sede, e andamos esfarrapados; recibimos malos tratos e non temos acougo.
En traballos e canseiras, en abondas noites sen durmir, con fame e sede, a miúdo sen comer, con frío e sen roupa que vestir.