Engalanábaste con ouro e prata, os teus vestidos eran de liño ben curado, seda e bordados; comías a flor da fariña, mel e aceite; estabas moi fermosa e conseguiches ser raíña.
Velaquí o delito de Sodoma: soberbia, fartura de pan e tranquilidade imperturbable tiñan ela e mais as súas fillas, pero non sostiveron o poder do desgraciado e do pobre.
A muller estaba vestida de púrpura e escarlata, adornada de ouro, de pedras preciosas e de perlas; tiña na man unha copa de ouro chea de abominacións e tiña tamén as porcalladas da súa fornicación.
canta gloria e praceres ela tivo, dádelle outro tanto en tormentos e loito. Porque ela di para si: Estou sentada nun trono de raíña, e nin estou viúva, nin verei o loito.
E foi o peso dos aneis de ouro que pediu mil setecentos siclos de ouro, á parte das medias lúas, os pendentes e vestidos de púrpura que levaban os reis de Madián, e á parte dos colares que pendían do pescozo dos seus camelos.