Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 16:16 - Biblia SEPT

16 A Lei e mais os Profetas chegaron ata Xoán. Desde entón anúnciase o Reino de Deus, e todos utilizan a forza para entrar nel.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 16:16
21 Iomraidhean Croise  

E mentres camiñades proclamade que xa chega o Reino dos Ceos.


Non é o que entra pola boca o que mancha ó home; o que sae pola boca, iso si que mancha ó home.


Porque veu Xoán para vos ensinar o camiño da xustiza, e non lle fixestes caso; en cambio, os recadadores e mais as prostitutas, si que llo fixeron. Pero vós, aínda despois de ver aquilo, nin vos arrepentistes nin crestes.


Convertédevos, que xa chega o Reino dos Ceos.


E desde aquela empezou Xesús a predicar, dicindo: Arrepentídevos, que o Reino dos Ceos xa está aí.


Xesús percorría a Galilea enteira ensinando nas sinagogas e anunciando a Boa Nova do Reino, curando canta doenza padecía o pobo.


Cando prenderon a Xoán, marchou Xesús a Galilea a anunciar a Boa Nova de Deus,


Pero, mal se foi, aquel home botouse a pregoar a nova, espallándoa de tal xeito que Xesús xa non podía entrar en vila ningunha, senón que quedaba fóra, nos arredores apartados. Pero aínda así acudían a el de todas as partes.


Non queremos levar da vosa vila nin o po que se nos pegou ós pés. Aí vos queda. Pero sabede que xa chega o Reino de Deus.


curade os enfermos que haxa e dicídelles: "Xa chega a vós o Reino de Deus".


Pero Abraham respondeulle: "Xa teñen a Moisés e os Profetas: que lles fagan caso a eles".


Pero Abraham replicoulle: "Se a Moisés e mais ós Profetas non lles fan caso, tampouco llo farán nin a un morto resucitado".


E mandounos a predicar o Reino de Deus e a sandar enfermidades,


Atopou Filipe a Natanael e díxolle: Encontramos a aquel de quen escribiu Moisés na Lei e mais os Profetas: a Xesús, o fillo de Xosé, o de Nazaret.


Se o deixamos así, todos crerán nel e virán os romanos e quitarannos o noso lugar santo e mais a nosa nación.


Pero os fariseos dixeron entre eles: "Vedes que non conseguides nada; mirade para aí: todo o mundo foi detrás del".


(Pois de vez en cando baixaba un anxo á piscina e remexía a auga; entón, o primeiro que entrase despois da axitación da auga, quedaba curado de calquera mal que tivese).


pero Deus cumpriu así o que anunciara por boca dos profetas: que o seu Cristo padecería.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan