12 E se no alleo nos sodes fieis, quen vos vai confiar o voso?
—"Espido saín do seo da miña nai e espido a el hei de tornar. Iavé deu, Iavé quitou: bendito sexa o nome de Iavé!"
Por isto: velaí, voulle pór sebe de silvas ó seu camiño, vou atrancar o seu muro, para que non atope as súas corredoiras.
pero soamente unha é a necesaria. María escolleu a mellor parte, e esa nunca se lle vai quitar.
Pois, se coa riqueza inxusta non sodes fieis, quen vos vai confiar a verdadeira?
Ningún criado pode servir a dous amos, porque ou lle ten xenreira a un e ama o outro; ou ben atende a un e menospreza o outro. Non podedes servir a Deus e mais o diñeiro.