Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 16:11 - Biblia SEPT

11 Pois, se coa riqueza inxusta non sodes fieis, quen vos vai confiar a verdadeira?

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 16:11
9 Iomraidhean Croise  

Ninguén pode servir a dous amos, porque ou lle ten lei a un e xenreira a outro, ou ben atende a un e menospreza ó outro. Non podedes servir a Deus e mais o diñeiro.


Vendede os vosos bens e dádeos en esmola, facede bolsas que non se estraguen, un tesouro inesgotable no ceo, onde o ladrón non pode chegar e onde a traza non o bota a perder.


E se no alleo nos sodes fieis, quen vos vai confiar o voso?


Por iso eu avísovos: Facede amigos coas riquezas inxustas, para que cando vos falten, vos acollan nas moradas eternas.


Oíndo aquilo Xesús díxolle: Aínda che queda unha cousa: vende todo canto tes, e repárteo entre os pobres, e terás un tesouro no ceo; e despois ven e sígueme.


A min, o máis cativo de todos os crentes, concedéuseme o honor de anunciarlles ós xentís a inimaxinable riqueza de Cristo


Escoitádeme ben, meus irmáns queridiños: seica non escolleu Deus os pobres deste mundo para seren ricos na fe e herdeiros do Reino que Deus prometeu ós que o aman?


Aconsélloche que merques ouro do meu, que se acaba de aquilatar no lume, para te poñeres rico; e que merques roupa branca, para vestires ben e para que non se vexa a vergonza da túa nudez; e que merques colirio para untar os teus ollos e así poderes ver.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan