Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 15:8 - Biblia SEPT

8 E que muller que teña dez moedas e perde unha, non acende a luz, e non varre a casa, buscándoa con coidadiño ata atopala?

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 15:8
9 Iomraidhean Croise  

O mesmo que mira o pastor polos años, o día en que el se atopa diante do rabaño dispersado, así eu vou mirar polas miñas reses, e vounas salvar, sacándoas de todos os sitios por onde se espallaron un día de nubes e escuridade.


Tampouco se acende unha lámpada para poñela debaixo da artesa, senón sobre o candeeiro, para que alume a todos os da casa.


Pois asegúrovos unha cousa: no ceo haberá máis alegría por un pecador que se converta que por noventa e nove xustos que non precisan conversión.


E cando a atopa, chama polos amigos e veciños para lles dicir: "Alegrádevos comigo, que atopei a moeda perdida".


Porque o Fillo do Home vén buscar e salvar o que estaba perdido.


Teño ademais outras ovellas que non son deste curro: tamén a esas as teño que guiar, e escoitarán a miña voz e farase un único rabaño e un único pastor.


e non só pola nación, senón tamén para reunir os fillos de Deus que estaban dispersos.


e moitos dos que foran meigos levaban os libros e queimábanos diante de todos. Calcularon que valerían unhas cincuenta mil moedas de prata.


El veu e anunciou a paz: paz para vós os de lonxe, e paz para os que estaban cerca:


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan