Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 15:5 - Biblia SEPT

5 E cando a atopa, volve todo contento

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 15:5
31 Iomraidhean Croise  

Entón chamaráselles: "Pobo santo", "Os redimidos do Señor", e a ti chamaráseche "Buscada", "Cidade non abandonada".


Como casa un mozo cunha virxe, así casará contigo o teu Construtor. O gozo que sente o noivo pola noiva, sentirao o teu Deus por ti.


en calquera angustia. Non houbo mensaxeiro nin enviado: a súa presenza salvounos: polo seu amor e a súa compaixón redimiunos, si, levantounos e levounos enriba de si en todas as épocas pasadas.


É acaso verdade que sinto eu pracer coa morte do malvado, —é o meu Señor, Iavé, quen fala— e non en que se converta do seu camiño e que viva?


Dilles, pola miña vida! —é o meu Señor, Iavé, quen fala— que non me dá gusto que morra o malvado, senón que o malvado se converta da súa conduta e viva. Convertédevos, cambiade a vosa conduta depravada! Por que queredes morrer, Casa de Israel?


"o da Paz" será o seu nome. Asiria, entrará, así, na nosa terra e penetrará no país, pero de entre nós faremos xurdir contra ela sete pastores e oito xefes,


Que Deus hai coma ti, que quita a iniquidade, e lle pasa por alto o pecado ó resto da súa herdanza, que non se obstina para sempre na ira, senón que lle ten amor á misericordia?


O Señor, o teu Deus, está no medio de ti, é un heroe que salva. El salta de alegría por ti, embrúxate co seu amor, dá brincos de alegría por ti.


que menos que celebrar unha festa cheos de alegría, xa que ese teu irmán estaba morto e volve á vida, estaba perdido e atopámolo?".


Quen de vós, se ten cen ovellas e perde unha delas, non deixa as noventa e nove no descampado, e vai en busca da perdida, a ver se a atopa?


para a casa, con ela no lombo; e, chamando por amigos e veciños, dilles: "Alegrádevos comigo, que atopei a ovella que perdera".


Entón Xesús dixo: Hoxe chegou a salvación a esta casa, pois tamén este é fillo de Abraham.


Xesús respondeulle: Asegúroche que hoxe estarás comigo no paraíso.


Díxenvos estas cousas, para que a miña alegría estea en vós, e a vosa alegría sexa plena.


Somos, logo, feitura del, creados en Cristo Xesús para facermos o ben no que Deus dispuxo de antemán que camiñemos.


do que me fixo servidor a xenerosa graza que Deus me concedeu coa eficacia do seu poder.


Porque o noso Evanxeo non quedou en palabras no voso caso senón que se volveu forza exuberante do Espírito Santo. Ben sabedes o que tal resultou ser a nosa actuación entre vós para o voso ben.


e para se desenguedellaren das trapelas de Satán, que os ten apreixados vivos para que lle fagan o que el quere.


co ollo posto en Xesús, o primeiro guía que leva á perfección a nosa fe. Porque el, sen lles dar importancia ás aldraxes, soportou a cruz por mor da ledicia que o agardaba e desde entón está sentado á dereita do trono de Deus.


grazas á fe que vós tedes, estades protexidos polo poder de Deus en vistas á salvación que está para se manifestar, no intre final.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan