Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 15:4 - Biblia SEPT

4 Quen de vós, se ten cen ovellas e perde unha delas, non deixa as noventa e nove no descampado, e vai en busca da perdida, a ver se a atopa?

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 15:4
19 Iomraidhean Croise  

Ando errante coma ovella descarreirada: terma ti do teu servo, pois eu non esquezo os teus mandatos.


Todos nós coma rabaño andabamos perdidos, cada un polo seu camiño. Pero o Señor puxo nel a iniquidade de todos nós.


Nas cidades da montaña, nas cidades da Xefelah, nas cidades de Négueb, na rexión de Benxamín, nos arredores de Xerusalén e nas cidades de Xudá, aínda volverán pasar as reses ante as mans do que as conta —di o Señor—.


Un rabaño de ovellas descarreiradas é o meu pobo; os seus pastores escorrentáronas da miña montaña, camiñan descarreiradas de montaña en outeiro, esqueceron o seu curral.


Buscarei a ovella perdida, farei volver a extraviada, vendarei a que ten a pata partida, fortalecerei á feble, pero farei que perezan a gorda e a forte. Apacentarei o meu rabaño conforme a xustiza.


Vós seredes o meu rabaño, o rabaño dos pastos da miña terra seredes vós. Eu serei o voso Deus é o meu Señor, Iavé, quen fala.


Non fortalecestes a res débil nin curastes a enferma, nin vendastes a da pata partida; nin fixestes volver a extraviada, nin buscastes a perdida, senón que as dominastes e con que opresión!


—Pola miña vida! —é o meu Señor, Iavé, quen fala— por converterse o meu rabaño en presa e por ser o meu rabaño pasto de todas as feras do monte, por falta de pastor, pois os meus pastores non seguiron o rastro do meu rabaño, senón que os meus pastores se apacentaron a si mesmos, e o meu rabaño non o apacentaron;


El respondeulles: Quen de vós que teña unha soa ovella, se lle cae en sábado nun foxo, non a colle e a saca de alí?


Replicoulle Xesús: Hipócritas! Non ceibades vós, nos sábados, o voso boi ou o voso burro, para os levar a beber?


Entón Xesús contoulles esta parábola:


Porque o Fillo do Home vén buscar e salvar o que estaba perdido.


Por iso, non tes escusa ti, home, quenquera que sexas, cando xulgas; pois ó dares sentencia contra outros, estaste condenando a ti mesmo, xa que fas aquilo mesmo que xulgas condenable.


Erades coma ovellas extraviadas, pero agora volvéstesvos ó voso pegureiro e pastor.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan