3 Entón Xesús contoulles esta parábola:
Todos nós coma rabaño andabamos perdidos, cada un polo seu camiño. Pero o Señor puxo nel a iniquidade de todos nós.
E eu brincarei de ledicia por Xerusalén, e exultarei pola miña cidade, e non se volverá a oír nela ruído de choros nin ruído de berros.
ide máis ben ás ovellas perdidas da casa de Israel.
E faloulles de moitas cousas en parábolas. Dicía: Dunha vez saíu un labrego a sementar.
Ide, pois, aprender o que significa aquilo de Misericordia quero e non sacrificios. Porque non vin chamar polos xustos, senón polos pecadores.
Por iso os fariseos e letrados murmuraban: Este acolle os pecadores e come con eles.
Quen de vós, se ten cen ovellas e perde unha delas, non deixa as noventa e nove no descampado, e vai en busca da perdida, a ver se a atopa?
E de novo preguntoulle por segunda vez: Simón de Xoán, ámasme? El respondeulle: Si, Señor, ti sabes que te quero. Xesús díxolle: Apacenta as miñas ovellas.
O sentilo, glorificaron a Deus pero dixéronlle. Xa ves, irmán, os milleiros de xudeus que abrazaron a fe; e todos son celosos defensores da Lei;