Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 15:22 - Biblia SEPT

22 Pero o pai díxolles ós seus criados: "Axiña, sacade a túnica mellor e vestídella; poñédelle un anel na man e calzado nos pés.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 15:22
30 Iomraidhean Croise  

Déuselles cadanseu vestido branco e díxoselles que parasen unha miga, ata que se completase o número dos seus compañeiros e irmáns, que os ían matar axiña como os mataran a eles.


O faraón tirou o anel do selo do seu dedo e púxoo no de Xosé. Fíxoo vestir de roupa de liño e púxolle un colar de ouro no pescozo.


Exultarei ledo polo Señor, e a miña alma brincará de xúbilo polo meu Deus, xa que me fixo vestir roupas da salvación e envolveume co manto da xustiza, coma o noivo que veste solemnemente o turbante, e coma a noiva que se adorna coas súas xoias.


Concedéuselle vestir de liño fino, ben curado e limpo, pois o liño fino son as obras boas do pobo santo".


Despois disto mirei e vin un mundo de xente, que ninguén era capaz de contar, de todas as nacións, tribos, pobos e linguas, en pé diante do trono e do Año. Vestían roupa branca e levaban ramallos de palma nas mans.


Pois non recibistes un espírito de escravitude, para volverdes ó medo. Non. Vós recibistes un espírito de fillos adoptivos, grazas ó que podemos gritar: "Abbá": Pai!


Quen teña oídos escoite o que o Espírito lles di ás igrexas. O vencedor heille dar do maná escondido e tamén unha pedriña branca; e escrito na pedriña un nome novo que ninguén coñece, fóra daquel que a recibe.


porque ós que vos bautizaron en Cristo, vestíronvos de Cristo.


En lugar diso vestídevos do Señor Xesús Cristo, e non lles fagades caso ós baixos apetitos.


—Vira, vira, Xulamita! Vira, vira, que te estamos a ollar! —Que estades a ollar para a Xulamita cando se pon a bailar na regueifa?


Que os teus sacerdotes vistan de festa e os teus devotos relouquen.


Os de Tiro veñen con presentes, os próceres dos pobos buscan o teu favor.


o Deus que me cingue de forza e fai perfecto o meu camiño?


Aconsélloche que merques ouro do meu, que se acaba de aquilatar no lume, para te poñeres rico; e que merques roupa branca, para vestires ben e para que non se vexa a vergonza da túa nudez; e que merques colirio para untar os teus ollos e así poderes ver.


e calzados os pés co afervoamento do Evanxeo da paz.


Esta é a xustiza de Deus por medio da fe en Xesús Cristo, para todos os que cren. Porque non hai distinción ningunha:


vestirei os seus sacerdotes de festa e reloucarán os seus devotos.


que os teus ferrollos sexan de ferro e bronce, que o poder do teu dominio dure coma os teus días.


O fillo exclamou: "Papá, pequei contra o ceo e contra ti, xa non son digno de que me trates coma un fillo".


Preparade un cuxo cebado para comelo e facer unha gran festa.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan