Recoñece a túa impiedade, pois pecaches contra o Señor, teu Deus, dirixiches os teus camiños a deuses estranxeiros baixo calquera árbore frondosa e non quixeches escoitar a miña voz —é o Señor quen fala—.
Levantouse e volveu onda seu pai. Aínda estaba lonxe cando este, enxergándoo, saíu emocionado a recibilo, e botándoselle nos brazos, bicouno agarimosamente.
Ou é que abusas da súa inesgotable bondade, do seu aguante e da súa paciencia, e non te decatas de que esa benignidade de Deus está tratando de te encamiñar cara á conversión?