Apareceu o Fillo do Home, que come e bebe, e din: "que larpeiro, que bebedor e que amigo de recadadores e pecadores". Con todo, a sabedoría quedou acreditada polas súas obras.
Vendo aquilo, o fariseo que o convidara dixo para si: Se este fose un profeta, coñecería quen é, e que caste de muller é a que o está a tocar, unha pecadora.
Si, porque antes de chegaren uns poucos mandados de Santiago, Pedro comía cos non xudeus. Ah, mais nisto chegan os propios e el arredábase e poñíase á parte, por medo dos circuncidados.