A súa oración e a acollida divina, o seu pecado e a súa rebeldía, os lugares onde levantou ermidas e erixiu estelas e ídolos antes da súa conversión, están rexistrados na historia dos seus videntes.
Pois ti es o noso Pai. Certamente Abraham non nos recoñece, nin Israel nos entende, (pero) ti, Señor, es o noso Pai, o "noso Redentor desde sempre" é o teu Nome.
Velaquí que eu xa teño dito: —Con que amor te conto entre os meus fillos e che dou un país precioso, e herdas unha gloria superior ás demais nacións! Con que gusto eu repito: chamarédesme "meu Pai", endexamais non deixaredes de seguirme!
Non é Efraím para min o fillo tan estimado, non é o fillo do meu contentamento? Cantas veces falo contra el, outras tantas o teño que relembrar, por iso conmóvense as miñas entrañas por el, teño que compadecerme del —é o Señor quen fala—.
O recadador, en troques, manténdose a distancia, non se atrevía nin a levantar os ollos ó ceo, senón que petando no peito dicía: "Meu Deus, ten compaixón de min, que son un pecador".