16 Alí chegou a ter gana de encher o estómago coas landras que comían os porcos, pero ninguén llas daba.
recollendo xestas e silveiras e raigañas de uces para se quecer,
Cando o espírito se me encolle, ti coñeces os meus vieiros. No camiño por onde vou téñenme postas trampas.
é que era parvo e sen entendemento, coma unha besta diante de ti.
A quen mancha a cinsa, engánao o corazón e extravíao: non porá a salvo a súa vida, pois non pode recoñecer: "O que teño na miña dereita é unha mentira"
Porque cambiades prata polo que non é pan e o voso xornal polo que non farta. Escoitádeme ben: comede ben e que a vosa gorxa se alegre coa graxa.
Eh, vós, achegádevos aquí, fillos da adiviña! Raza adúltera, como te prostitúes!
(He) Os que comían manxares saborosos, alentan inando nas rúas, os que foron criados sobre a púrpura, abrazan (agora) o esterco.
Efraím tenme rodeado de mentira; e de falsidade, a casa de Israel. Tamén Xudá segue índose co deus El, e segue confiando nos ídolos.
Non deades o sagrado ós cans nin lle botedes as vosas perlas ós porcos; non sexa que as esmaguen cos pés, e, virándose contra vós, vos esnaquicen.
Entón, acudindo a un natural do país, entrou a servir, e mandouno a unha granxa a coidar os porcos.
Recapacitando, pensou: "Hai que ver! Cantos xornaleiros do meu pai teñen pan a fartar, e eu morro coa fame.