Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 15:13 - Biblia SEPT

13 Días despois, este fillo recibiu todo xunto e marchou para un país remoto, onde malgastou a súa fortuna vivindo coma un perdido.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 15:13
35 Iomraidhean Croise  

Os que se arredan de ti vense perdidos: ti consomes ós que de ti renegan.


O neglixente no seu traballo é irmán do destrutor.


Quen gusta da esmorga, rematará pobre; e quen se afai ó viño e ó perfume, non enriquecerá.


Na morada dun sabio gárdanse tesouros desexables e requintados, namentres que o parvo consúmeo todo.


Pardal que revoa lonxe do niño, é quen anda errante lonxe do seu eido.


Un fillo asisado garda a lei, o amigo de esmorgas avergonza a seu pai.


Quen ama a Sabedoría alegra a seu pai, quen frecuenta prostitutas malgasta a facenda.


porque o prezo da rameira é un anaco de pan mais a casada vai á caza dunha vida preciosa.


Ai, xente pecadenta, pobo cangado de iniquidade, semente de pervertedores, fillos de corrompidos! Deixaron o Señor, refugaron o Santo de Israel, volvéronlle as costas.


Pero velaí: vós, xúbilo e ledicia: matar becerros, sacrificar reses, comer carne e beber viño. "A comer e beber, que mañá imos morrer".


Apartade do noso camiño, quitade do noso vieiro, retirade de diante de nós ó Santo de Israel".


Vinde, que eu collo o viño, e emborrachémonos de licor, que mañá será coma hoxe, abundancia moito maior.


pois dúas maldades cometeu o meu pobo: deixoume a min, viveiro de auga vivificadora, polos pozos gretados que non reteñen a auga.


Tede coidado coa palabra do Señor. Por acaso volvinme eu para Israel un ermo, ou unha terra escurísima? Por que entón di o meu pobo: "queremos ser libres, non volveremos máis xunto a ti"?


—Así ten falado o Señor: Que cousa torta atoparon en min vosos pais, para se afastaren de min? Fóronse tras dos que son nada e volvéronse nada.


"Meu pobo, que che fixen?, en que te quebrantei? Respóndeme!


O máis novo díxolle ó pai: "Papá, dáme a parte da herdanza que me corresponde". El repartiulles os seus bens.


Despois de o gastar todo, houbo unha gran fame naquela terra, e empezou a pasar necesidade.


e agora resulta que vén ese teu fillo, que queimou os teus bens con mulleres de mala vida, e matas o cuxo cebado".


E díxolles tamén ós seus discípulos: Dunha vez había un home rico que tiña un administrador, do que lle foron contar que estaba a lle acabar cos bens.


Había un home rico que vestía roupa de púrpura e liño fino, e que celebraba todos os días espléndidos banquetes.


Pero vós, que antes estabades lonxe, agora grazas a Cristo Xesús estades cerca, no sangue de Cristo.


El veu e anunciou a paz: paz para vós os de lonxe, e paz para os que estaban cerca:


Recibirán así a paga dos seus erros, xa que pensan que a felicidade consiste en andar de esmorga en pleno día. Que noxo e que vergonza, cando, comendo convosco, se enzoufan nos seus praceres!


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan