Dilles, pola miña vida! —é o meu Señor, Iavé, quen fala— que non me dá gusto que morra o malvado, senón que o malvado se converta da súa conduta e viva. Convertédevos, cambiade a vosa conduta depravada! Por que queredes morrer, Casa de Israel?
Pois unha tristeza segundo criterios de Deus produce un arrepentimento para a salvación, sen volta atrás; mentres que a tristeza por motivos mundanos produce a morte.