1 Tamén os publicanos e pecadores se achegaban a el para o escoitaren.
Cando o malvado se aparta da maldade que cometeu e practica o dereito e a xustiza, entón el consegue a vida.
Porque, se amades os que vos aman, que recompensa ides ter? Non fan o mesmo os recadadores de impostos?
Si, hainos que son últimos e serán os primeiros, e hainos primeiros que serán os derradeiros.
(A xente toda escoitábao, e mesmo os recadadores de impostos recoñecían a graza de Deus, facéndose bautizar co bautismo de Xoán.
Porque a Lei entrou para que a transgresión abundase; pero onde abundou o pecado, sobreabundou a graza,
Esta é palabra segura merecente de que todos a acollan: que Cristo Xesús veu ó mundo para salvar os pecadores, dos que eu son o primeiro.