Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 14:3 - Biblia SEPT

3 Xesús preguntoulles ós xuristas e fariseos: El está ou non está permitido curar no sábado?

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 14:3
10 Iomraidhean Croise  

Había alí un home que tiña unha man tolleita e preguntáronlle para o tentar: E logo, está permitido curar en sábado?


Os fariseos, vendo aquilo, dixéronlle: Mira que os teus discípulos fan o que non está permitido facer no sábado.


e un deles, que era xurista, preguntoulle para poñelo a proba:


E preguntoulles: Que está permitido no sábado: facer o ben, ou facer o mal; salvar a vida ou matar? Pero ninguén falou palabra.


Entón apareceu diante del un home hidrópico.


Pero eles non abriron a boca. Xesús colleu o enfermo, curouno e despediuno.


Entón Xesús díxolles: Fágovos unha pregunta: Que está permitido facer no sábado: o ben ou o mal; salvar a vida ou perdela?


E se circuncidades un home en sábado, sen quebrantardes a Lei de Moisés, como é que vos alporizades comigo, porque curei en sábado a un home enteiro?


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan