Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 14:11 - Biblia SEPT

11 Porque a quen se ten por moito, hano rebaixar e a quen se rebaixe hano enaltecer.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 14:11
24 Iomraidhean Croise  

Ti salvas a xente humilde e abaixas os soberbios.


Pois El rebaixa a arrogancia dos fachendosos mais axuda ós que humildes baixan os ollos,


Abofé, o Señor é excelso: pon a súa atención nos humildes e coñece os soberbios desde lonxe.


co puro móstraste puro e co renarte es retorto.


O temor do Señor é escola da Sabedoría, pois a humildade precede á gloria.


O corazón do home érguese orgulloso antes da desfeita, pero é a humildade a que precede á gloria.


Non é san darse unha enchente de mel, nin procurar honores tras honores.


O orgullo do home humillarao, quen ten ánimo humilde acadará honra.


Os ollos orgullosos abaixaranse, serán dobrados os homes ergueitos, soamente o Señor será enxalzado naquel día.


O Señor dobrará o orgullo do varón, humillará a soberbia dos homes. Enxalzarase o Señor, El só, naquel día;


Porque así fala o Altísimo, o Excelso, o que reside na sala do seu trono, que ten de Nome o Santo: "Eu resido no templo celeste, (pero) tamén co humillado e co de espírito abatido, para reanimar o espírito dos abatidos, e para revitalizar o corazón dos humillados.


Porque quen se enaltece será rebaixado, e quen se rebaixa será enaltecido.


Manifesta o poder do seu brazo, desbaratando os plans dos soberbios.


Derruba do seu trono ós poderosos, e fai subir os humildes;


E díxolle tamén ó que o convidara: E ti, cando deas un xantar ou unha cea, non chames os teus amigos, irmáns, parentes ou veciños ricos; non sexa que eles te recompensen convidándote tamén a ti.


Asegúrovos que este baixou reconciliado con Deus para a súa casa e, en cambio, o outro non. Porque a todo o que se teña por moito rebaixarano e a todo o que se rebaixe enaltecerano.


Que o irmán de condición humilde se glorie da súa gran dignidade;


Abaixádevos no acatamento do Señor, que El vos ha soerguer.


Pero meirande é a graza que nel concede. E por isto di: "Deus arrepónselles ós soberbios, pero ós humildes dálles a súa graza".


Tamén os mozos habedes ser ben guiados cos responsables. No trato cos demais revestídevos todos vós dun pensar humilde, porque Deus oponse ós soberbios, pero concédelles a graza ós humildes.


Por iso vós facédevos humildes, para estardes baixo a man poderosa de Deus, de xeito que El vos levante no intre oportuno.


Samuel dixo: —"Aínda que te consideres pequeno, ti es a cabeza das tribos de Israel, pois o Señor unxiute por rei de Israel.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan