Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 13:34 - Biblia SEPT

34 Xerusalén, Xerusalén, que asasinas os profetas e apedras os que mandan onda ti! Cantas veces quixen aconchegar os teus fillos, como a galiña aconchega os seus pitiños baixo as ás e non quixeches!

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 13:34
46 Iomraidhean Croise  

Pero eles rebeláronse contra ti, rexeitaron a túa Lei, mataron os teus profetas, que os amoestaban a retornar a ti, e fixéronse culpables de grandes ofensas.


Ti soportáchelos durante moitos anos, o teu espírito amoestounos por medio dos profetas, mais eles non fixeron caso. Foi entón cando os entregaches nas mans dos pobos pagáns.


Alégrese Israel co seu facedor e os fillos de Sión relouquen co seu rei.


Gárdame coma á meniña dos teus ollos, escóndeme á sombra das túas ás


A túa xustiza é alta coma os montes, os teus xuízos son fondos coma o mar. Ti, Señor, socorres a homes e animais.


Do mestre do coro, segundo "Non destrúas". Poema de David. Na caverna, fuxindo de Xaúl


E deixeinos á súa teima, que fixesen ó seu xeito.


Cóbrete coas súas plumas, protéxete coas súas ás, escóndete co seu brazo e deféndete.


Porque así fala o meu Señor, Iavé, o Santo de Israel: "Seredes salvados con só sentarvos á espera, a vosa forza está en quedarvos quietos e tranquilos"; pero, non quixestes,


Por que cando eu cheguei non había ninguén e cando chamei ninguén respondeu? Acaso é a miña man demasiado curta para non rescatar? Acaso non hai en min forza para liberar? Cando eu brúo, fago secar o mar, converto os ríos nun deserto, feden os peixes por falta de auga e morren coa sede.


Estou castigando os vosos fillos en van: non aprenden; a vosa propia espada devorou os vosos profetas Vede que un león devorador vos anda arredor!


Sacaron a Urías de Exipto e leváronllo ó rei Ioaquim. O rei fíxoo morrer pola espada e botou o seu cadáver na fosa común.


Eles gardan as palabras de Ionadab, fillo de Recab, quen lles deu ós seus fillos instrucións para que non bebesen viño, e non o beben ata o día de hoxe; eles si que obedecen o mandato de seu pai. Pero a min, aínda que madruguei a dicírvolo e o fixen insistentemente, non me fixestes caso;


Por iso, así fala o Señor dos Exércitos, o Deus de Israel: "Ollade: vou traer contra Xudá e contra todos os habitantes de Xerusalén a enteira calamidade que lles anunciei, porque lles falei e non escoitaron, berreilles e non me responderon".


Así fala o Señor: —Mantédevos nos vieiros doutros tempos e observade, consultade as normas antigas: Onde está o Deus do Bo Camiño? Camiñade por el, e deste xeito atoparedes tranquilidade para a vosa vida. Pero eles responderon: "Non queremos camiñar".


(Ain) Por isto eu estou chorando, e o meu ollo é unha fonte, porque está lonxe de min o consolador, o que me devolve o alento. Os meus fillos están desolados, porque o inimigo é forte.


(Mem) Por causa dos pecados contra os seus profetas, (e) da iniquidade contra os seus sacerdotes, por verteren no medio dela sangue de xustos,


Cando máis os chamaba, máis marchaban de onda min. Ofrecían sacrificios ós Baales, ofrendaban incenso ós ídolos.


E o meu pobo persistirá na súa caída, ó Supremo El invocará e non celebrará ó Deus Único.


Vós, fillos de Sión, brincade de alegría, alegrádevos polo Señor, o voso Deus, pois deuvos a chuvia conforme o seu compromiso, mandouvos chuvia abundante; a temperá e a serodia coma noutros tempos.


Non sexades coma vosos pais, contra os que os profetas do pasado clamaron dicindo: "Así fala o Señor dos Exércitos: volvédevos dos vosos malos vieiros e das vosas obras ruíns". Pero non me fixeron caso nin me prestaron atención —é o Señor quen fala—.


Mandou os seus criados ir chamar polos convidados á voda, pero estes non querían ir.


Os demais botáronse ós criados, maltratáronos e matáronos.


Entón alporizouse moito, e non quería entrar. Pero o pai, saíndo, intentouno convencer.


Esnaquizarante contra o chan a ti e mais os teus fillos. Non che deixarán pedra sobre pedra, por non recoñecer a oportunidade de cando te visitaron.


Xesús volvéndose a elas, díxolles: Fillas de Xerusalén, non choredes por min: chorade máis ben por vós e polos vosos fillos.


A que profeta non perseguiron vosos pais? Mataron ós que anunciaron por adiantado a vinda do Xusto, do que vós agora vos fixestes traidores e asasinos:


Apedraban a Estevo, que invocaba así: "Señor Xesús, recibe o meu espírito!"


Saulo aprobaba a súa morte. Aquel día levantouse unha grande persecución contra a Igrexa de Xerusalén, e todos, agás os apóstolos, dispersáronse polas terras da Xudea e da Samaría.


Se fosen sabios, comprenderían isto, entenderían cal é o seu porvir:


Quen me dera que tivesen un corazón deste xeito, para respectarme a min sempre e para gardaren todos os meus preceptos, e para deste xeito seren felices sempre, eles e os seus fillos!


E os seus cadáveres quedarán na praza da gran cidade, que se chama en linguaxe simbólica Sodoma e Exipto, onde tamén foi crucificado o seu Señor.


Que o Señor bendiga o teu proceder e sexa completo o teu galardón da parte do Señor, Deus de Israel, xa que viñeches ampararte baixo as súas ás".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan