3 Non tal, e asegúrovos que como non vos arrepintades acabades todos igual.
Entón vai, colle consigo outros sete espíritos aínda peores ca el e establécense alí; e o final daquel home acaba sendo peor có principio. Así lle vai pasar tamén a esta xeración malvada.
Entón o rei, todo indignado, mandou os seus exércitos, que acabaron cos asasinos aqueles e prendéronlle lume á cidade.
Convertédevos, que xa chega o Reino dos Ceos.
El respondeulles: Coidades que eses galileos eran máis pecadores cós demais, porque acabaron así?
Seica pensades que aqueles dezaoito que morreron esmagados pola torre de Siloé eran máis culpables cós outros habitantes de Xerusalén?
Non tal, e asegúrovos que, se non vos arrepentides, todos acabaredes igual.
e predicarase no seu nome a conversión e mais o perdón dos pecados a todos os pobos, empezando por Xerusalén.
Arrepentídevos, logo, e convertédevos, para que se borren os vosos pecados;