Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 13:19 - Biblia SEPT

19 Évos coma un gran de mostaza que un home sementou na súa horta; medrou e converteuse nunha árbore e os paxaros do ceo aniñaban nas súas pólas.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 13:19
38 Iomraidhean Croise  

Es ti un horto pechado, cariño, miña noiva. Es ti un horto pechado, unha fonte selada.


—Ergue, vento de nordesía! Ven ti, vento galopante! Venteade o meu xardín: que espalle os seus aromas! Que veña o meu amigo ó seu xardín, que coma daquel froito que cobiza!


—Baixou o meu amigo ó seu horto, vai nas matas do bálsamo; foi pastar no xardín e facer a colleita de lirios.


Ti, a que moras nos hortos, os compañeiros están a escoitarte! Faime sentir a túa voz!


Quen creu o que lle dixemos? A quen se lle revelou o brazo do Señor?


O Señor quixo esmagalo co seu sufrimento: Si, entrega a túa vida en expiación polo pecado. Pero el verá descendencia, alongará os seus días e por medio del cumprirase a salvación do Señor.


E o Señor conducirache constantemente e fartará a túa gorxa nas sequidades, fortalecerá os teus ósos e serás coma un horto ben regado. Si, como un manancial de augas que non deixan de manar.


Pois, como a terra fai saír os seus gromos, e como un horto fai brotar as súas sementeiras, así o Señor Iavé fará brotar a xustiza, e a loanza ante todos os pobos.


Unha palabra mandou o Señor contra Xacob, e caeu en Israel.


Chegarán para festexalo á cima de Sión, correrán cara ós bens do Señor, tralo trigo, o mosto e o aceite, tralas crías do rabaño e do gando. As súas vidas serán coma un horto ben regado, xa nunca máis volverán a enfraquecer.


Nas súas pólas aniñaban todos os paxariños do ceo, debaixo da súa ramallada parían todos os animais do campo, e á súa sombra descansaban todos os pobos ricos.


Ai, Sión!: escapa, ti que habitas na casa de Babilonia.


El respondeulles: Pola vosa pouca fe. E asegúrovos que se tivésedes sequera unha fe coma un gran de mostaza, diriádeslle a este monte: "vai de aquí para alá", e o monte había ir. E nada sería imposible para vós.


E tamén dicía: Con que compararemos o Reino de Deus?


O Señor respondeulles: Se tivésedes polo menos unha fe coma un gran de mostaza, diriádeslle a esta moreira: "Arríncate e plántate no mar", e seguro que vos obedecía.


Os que recibiron a súa palabra foron bautizados: e ese mesmo día xuntáronselles arredor de tres mil almas.


O sentilo, glorificaron a Deus pero dixéronlle. Xa ves, irmán, os milleiros de xudeus que abrazaron a fe; e todos son celosos defensores da Lei;


Non obstante, moitos dos que sentiron a palabra, creron; só o número dos homes subiu a uns cinco mil.


A forza de milagres e prodixios e polo poder do Espírito. De maneira que desde Xerusalén e arredores ata o Ilírico, completei a predicación do Evanxeo de Cristo.


Logo tocou o sétimo anxo e oíronse uns fortes berros desde o ceo, que dicían: "O reinado do mundo pasou a ser do noso Deus e do seu Mesías! El reinará polos séculos dos séculos".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan