Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 13:17 - Biblia SEPT

17 Cando tal lles dixo ós adversarios, todos viraron rubios diante del e toda a xente se alegraba das marabillas que facía.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 13:17
19 Iomraidhean Croise  

Vestiranse de vergonza os meus acusadores, cubriranse de confusión coma dun manto.


Gloriosos e espléndidos son os seus feitos, a súa xustiza é eterna:


Cubrirei de confusión os inimigos, mentres brilla sobre el a diadema".


Ten a ben, Señor, salvarme, corre, Señor, a axudarme.


Quen hai coma ti, Señor, entre os deuses, quen coma ti, excelso en santidade, terrible polas túas obras, facedor de milagres?


O día aquel o abrollo do Señor servirá de honra e gloria; e o froito da terra será o orgullo e honor dos escapados de Israel.


De min dirase: Si, no Señor están a xustiza e o poder". Onda El virán, avergonzados, todos os que se levantaron contra El.


Escoitade a palabra do Señor, os que tremedes coa súa palabra. Os vosos irmáns que vos aborrecen e que vos rexeitan por causa do meu nome dixeron: "Que o Señor mostre a súa gloria para que vexamos a vosa ledicia", pero eles quedarán avergonzados.


A isto non lle souberon que contestar.


E no instante recobrou a vista, e foise detrás del, loando a Deus. E todo o pobo, vendo aquilo, tamén loaba a Deus.


Pero non o atopaban, porque todo o pobo estaba moi atento ó que el dicía.


Pois xa non se atrevían a preguntarlle máis nada.


Por iso, logo de os ameazaren novamente, deixáronos ir, non vendo a maneira de os castigaren por causa do pobo, xa que todo o mundo glorificaba a Deus polo que sucedera,


Pero non avantarán moito, porque a súa insensatez será manifesta a todos, como o foi a daqueles.


Ensina unha palabra sa e indiscutible, para que o contrario se avergonce, non tendo nada malo que dicir de nós.


Pero respondede con bo xeito e con respecto; tede a conciencia limpa, de xeito que os que desprezan o voso bo comportamento cristián, se vexan confundidos naquilo mesmo de que vos calumnien.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan