Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 13:15 - Biblia SEPT

15 Replicoulle Xesús: Hipócritas! Non ceibades vós, nos sábados, o voso boi ou o voso burro, para os levar a beber?

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 13:15
16 Iomraidhean Croise  

para que non reine o inicuo nin lle poña trampas ó pobo?


O hipócrita coa boca afunde ó veciño, mais polo seu saber sálvanse os xustos.


porque se acabará o tirano, desaparecerá o burlón, e todos os que intentan facer a iniquidade serán exterminados:


Deixádeos: son cegos e guías de cegos. Se un cego guía a outro cego, ambos caerán na cova.


Hipócritas! Ben profetizou de vós o profeta Isaías cando dixo:


Ai de vós, letrados e fariseos hipócritas, que lles pechades ós homes o Reino dos Ceos! Nin entrades vós nin deixades entrar ós que o intentan.


Tamén vós por fóra parecedes homes xustos, pero por dentro estades cheos de hipocrisía e inxustiza.


Hipócrita! Quita primeiro a trabe do teu ollo e logo verás mellor para quitar o lixo do ollo de teu irmán.


Tanta era a xente reunida arredor del que se pisaban uns a outros. El comezou a falar dicíndolles primeiramente ós discípulos: Coidadiño co fermento dos fariseos, que é a hipocrisía!


E mirando para eles, díxolles: Quen de vós, se un fillo ou un boi lle cae nun pozo, non o tira do pozo no instante aínda que sexa sábado?


Como lle poderás dicir a teu irmán: "Irmán, deixa que che quite o lixo que tes no ollo", sen reparar na trabe que tes no teu? Hipócrita! Quita primeiro a trabe do teu ollo, e logo verás mellor para quitar o lixo do ollo de teu irmán.


O vela, o Señor compadeceuse e díxolle: Non chores.


mandounos onda o Señor a lle preguntar: Es ti o que ten que vir, ou esperaremos por outro?


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan