14 Entón o xefe da sinagoga, indignado de que Xesús curase nun sábado, díxolle á xente: Hai seis días para traballar, vide durante eses días para que vos cure e non precisamente no sábado.
Durante seis días faredes os vosos traballos. No día sétimo gardaredes repouso total, teredes asemblea sagrada: non faredes ningún traballo, será repouso para loanza do Señor en todo país onde habitedes.